lunes, 5 de junio de 2017

Propiedades terapéuticas da práctica do pádel


Moito se fala dos beneficios do pádel para a saúde do corpo. Estamos a falar dun deporte que admite un grao de dedicación aberto a unha escala infinita, a unha demanda de recursos tan variada e axeitada como requira a condición dos practicantes. Na escola onde eu impartín clases nun momento dado había un colega que facía as veces de sparring cos alumnos en horas extras de aprendizaxe da competición e desenvolvía o seu papel nun habano de dezaseis niveis de dificultade, para implementar o máis indicado en cada situación. O sparring retroalimentábase co rendemento dos alumnos e conseguía, segundo el, unha serie de ricas vantaxes para o exercicio da súa laboura, entre outros:

-       Prevención/evitación de lesións
-       Incremento da motivación
-       Inmersión no ludismo
-       Focalización
-       Gusto polo “coleccionismo” das experiencias no adestramento
-       Adestramento na visualización: dos xestos, da mecánica, do papel de gañador...
-       Incremento da confianza nos propios recursos, e un largo etcétera de beneficios...

Pero si importantes son as bondades para o aparato locomotor, o sistema circulatorio, o cardiorespiratorio do pádel, tanto máis importante é o impacto benéfico na psique dos practicantes e que, en definitiva, explica o éxito dunha práctica que vai camiño de convertirse na segunda que máis licencias aglutina no país. Xa falamos das virtudes da focalización na actividade como dispersadora do ruido e dos bucles mentales que a loita diaria nunha sociedade ultracompetitiva promove. Pero ademáis hai que sumar varios factores:

-O pracer de contribuir co mellor desempeño no desenvolvemento dunha experiencia que fai felices a catro persoas no mesmo lugar e á mesma hora.
-O papel da distinticidade e da creatividade
-A linguaxe corporal
-A socialización, antes, durante e despóis do partido
-A mobilización de recursos, ás veces formidable
-A capacidade para mandar na mente, aprazar a dedicación a temas aprazables, simplificar o complexo e darlle volumen e complexidade ao sinxelo.
-Crear, anticiparse, innovar, experimentar, DIVERTIRSE.




                                                Preparación para o remate. Sergio Casal


© Santi Casal. 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario

 ¡ Deportes para ricos!   O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...