jueves, 13 de noviembre de 2014

Seguindo co libro "O xogo interior", extraemos un parágrafo moi interesante sobre a teoría do suco:






(Concentración versus emociones negativas)


Cada vez que executamos un golpe de certa forma aumentan as probabilidades de que o volvamos facer desa mesma forma a próxima vez. Deste xeito, desenvólvense pautas, chamadas "sucos", que teñen tendencia a repetirse. Como estas pautas están a desempeñar unha función, o comportamento vese reforzado ou recompensado e tende a continuar. Canto máis profundo sexa o suco no sistema nervioso, máis difícil vai ser romper o hábito. De feito, adoita acontecer que canto máis intentamos romper un hábito, máis difícil nos resulta logralo.
É un proceso bastante penoso conseguir saír de sucos mentais que xa son profundos. É como saír dunha gabia. Non obstante, existe unha forma máis natural de facelo. Se pensamos que un mal hábito nos controla, creremos que debemos intentar rompelo. Os hábitos son afirmacións sobre o pasado e o pasado xa non existe. Loitar contra os vellos hábitos é o que produce tensión muscular innecesaria
Non fai falta loitar contra os vellos hábitos; o que temos que facer é crear hábitos novos, pois a nosa resistencia aos vellos hábitos é o que nos conduce de volta á gabia,".




No hay comentarios:

Publicar un comentario

 ¡ Deportes para ricos!   O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...