martes, 27 de mayo de 2014

PERDER NO PÁDEL POR COSTUME


Un dos motivos polos que se pode perder un partido de competición é o costume. Este factor está presente en moitos parellas competindo nas categorías modestas; isto é, de segunda división Rías Altas ate cuarta.
Pero, que carallo é o costume de perder? Pois nin máis nin menos que o medo a gañar. Detrás dilo hai caracteres humanos con un fondo sentido da discreción, entendida no xeito clásico: o que os demais agardan de un. E si o resto do mundo, o entorno, pensa que o normal é que a parella X perda, esta perderá case que sempre por non defraudar as expectativas.
¿E malo iso? Adepende para quen. O que é certo: rachar con esa dinámica de cando en vez produce aos actores, rebelados contra o seu destino, un regusto de que, ás veces, se se quere, se pode vencer aos diaños íntimos.
De tódolos xeitos o importante e o grao de relativización para os que perden por costume. Non pasa nada por perder sempre, se a un non lle afecta o tema. O problema ven cando se sofre por ilo. Porque ese padecemento traduciría algo existencial, máis profundo, arrastrado desde a infancia e que ten que ver co “Síndrome do medo ao pai” que inhabilita aínda máis en situacións de maior esixencia. Os que perden sempre, que non se sintan bichos raros, portadores únicos de ese medo que atenaza. A vértixe do medo a gañar, a rebelarse ao pai, está presente en xogadores profesionais de primeira magnitude, que precisan desenvolver todo un habano de rituais para conxurar o perigo de quedar entumecidos no momento crucial: aliñar as botellas de auga, rezar mantras en voz queda, facer que os cabos dos cordóns das zapatillas coincidan en lonxitude ou xogar con camisetas dunha cor determinada ou sempre coa mesma bragueta. Ao final o que conta é que para gañar hai que agonizar e moitos competidores non están dispostos a facelo, porque a felicidade de gañar tamén tería efectos colaterais indesexados polos que sempre perden: a elevación das expectativas respecto deles. A moitos non lles compensa. Prefiren perder por costume e, de cando en vez, ter un minuto de gloria. ¡Totalmente defendible!


©Santi Casal, instructor de Padel Federación Galega. Xogador Escola de Canabal.



 ¡ Deportes para ricos!   O outro día espétame un compañeiro da Facultade ao que non vía dende hai corenta anos: ¡Carallo, meu, así que agor...