Cumpre aproveitar o moito que leva
interiorizado o tenista respecto a mecanismos automáticos de
resposta no canto de atacar unha bola. A técnica de golpeo, as
empuñaduras, a posición dos pes e ombreiras, a visión do campo e o
campo de visión... ¡tantas cousas en común, e, sobre todo, a
mentalidade de que unha tendencia contraria sempre se pode cambiar e
unha tendencia positiva hai que certificala sen vendela pel antes de
cazar ó oso.
Pero xa concretando sobre as rutinas na
elección das armas para seren utilizadas na cancha de dez por vinte
metros, dúas cosas son as máis difíciles de incorporar por parte
dun tenista cando se decide a coller a pala:
-Incluír o globo no seu habano de
golpes. Diría máis: convertelo no golpe máis utilizado, como
defensa para volver recuperar a posición, o tiralo como un golpe de
ataque, porque nos permite avanzar ate a rede. GLOBOS, GLOBOS,
GLOBOS. Eses golpes tan denostados por algúns e que mesmo teñen
provocado que algún amigo se fartara e abandonara partidos porque
para eles o tenis pode tratarse de que o contrario lles xogue para
darlles pracer, ou sexa, para que poidan gañar.
-Golpear suave, golpear forte, cambios
de ritmo, sacar a bola o deixala morta alí onde aniñan as arañas,
no rincón, buscar espazos pero tirar moito ao medio, e XOGAR
TEMPERADO, sen urxencias, suave e en flexión, tendo conta de que a
forza nos se volva nun argumento en contra para golpear potente só
con bolas vantaxosas para definir.
Por tanto a técnica que trae o tenista
á pista pequena é un filón. Só se trata de axustar a mentalidade.